Aportar e corrixir
Se coñeces un lugar que falta, un dato incorrecto ou un acceso que cambiou, podes axudarnos a corrixilo. Non fai falta que escribas un texto longo.
Que enviar
O nome do lugar ou recurso, o concello e unha ligazón oficial se existe. Se é unha corrección, indica que dato está mal e cal é o correcto.
Para accesos ou rutas, unha descrición curta do punto de inicio e unha foto ou ligazón a un mapa axudan moito.
Que revisamos
Non publicamos propostas comerciais nin fichas de empresas. Si incluímos recursos públicos, espazos naturais e lugares de interese xeral.
Cada proposta compárase cunha fonte oficial ou cunha visita antes de publicarse. Iso pode levar tempo.