Privacidade

Este sitio non ten contas de usuario, nin formularios que envíen datos a un servidor, nin analítica de terceiros.

Datos que non recollemos

Non pedimos nome, correo nin teléfono para navegar. Non hai cookies publicitarias nin píxeles de redes sociais.

Almacenamento local

Se usas «Gardar», as fichas gárdanse no teu navegador (localStorage). Non se envían a ningures e podes borralas desde a páxina de gardados.

O service worker almacena unha copia do sitio para que funcione sen conexión. Tamén se pode eliminar borrando os datos do sitio no navegador.

Correo electrónico

Se nos escribes, o teu enderezo e a mensaxe quedan no noso correo o tempo necesario para responder. Non se usan para listas de distribución.

Dereitos

Podes solicitar acceso, rectificación ou supresión dos datos que nos enviaches por correo escribindo a hola@aferrolterra.com.

Buscar

Frecha arriba/abaixo para moverte · Enter para abrir · Esc para pechar Ver todos os resultados