Ruta dos castelos
San Felipe, A Palma, Moeche e Andrade: catro fortalezas para entender o poder na comarca.
A ruta comeza na boca da ría, cos dous castelos que a defendían, e continúa cara ao interior ata Moeche, onde a fortaleza conta a historia das revoltas irmandiñas. Remata en Pontedeume, no torreón dos Andrade.
É un percorrido en coche con visitas curtas. Pódese facer nun día, aínda que Moeche e Pontedeume merecen tempo.
Como chegar
Inicio en Ferrol, castelo de San Felipe.
Arredores
Castelo de San Felipe
Fortaleza do século XVI que defendía a entrada da ría xunto co castelo da Palma e a batería de Viñas.
PatrimonioArsenal de Ferrol
O gran estaleiro ilustrado do século XVIII, hoxe base naval e referencia da paisaxe urbana de Ferrol.
PatrimonioBarrio da Madalena
O barrio ilustrado de Ferrol: rúas en cuadrícula, galerías acristaladas e unha arquitectura uniforme do século XVIII.